Xenocidio selk'nam

Mercenarios de Julius Popper disparando a selk'nam; diante xace o cadáver dun selk'nam.
Julius Popper cos seus mercenarios diante dun selk'nam asasinado.

Por xenocidio selk'nam coñécese aos feitos definidos como xenocidio ocorridos entre a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do século XX en contra dos selk'nam, pobo amerindio da illa Grande da Terra do Fogo. A última representante pura deste pobo, Ángela Loij, faleceu en 1974. No presente só existen algúns descendentes mestizos desta etnia.[1]

Contra finais do século XIX a illa Grande da Terra do Fogo atraeu o interese de grandes compañías gandeiras. A introdución das estancias ovelleiras creou fortes conflitos entre os nativos e os colonos británicos, arxentinos e chilenos, conflito que adquiriu trazos de guerra de exterminio. As grandes compañías gandeiras de ovellas chegaron a pagar unha libra esterlina por cada selk'nam morto, o que era confirmado presentando mans ou orellas das vítimas. As tribos do norte foron as primeiras afectadas, iniciándose unha onda migratoria ao extremo sur da illa para escapar dos masacres. En busca de alternativas á matanza, en 1890 o Goberno chileno cedeu a illa Dawson, no Estreito de Magalláns, a sacerdotes salesianos que estabeleceron alí unha misión dotada de amplos recursos económicos. Os selk'nam que sobreviviron ao xenocidio foron virtualmente trasladados á illa, que nun prazo de vinte anos pechou deixando un cemiterio poboado de cruces.

  1. Thereedfoundation.org (27 de maio de 1975). "Angela Loij". Consultado o 1 de xuño de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search